jueves, 9 de mayo de 2024

MUNDO BICHOS

Ola familias, 

O martes visitounos Miguel, de Mundo bichos, e nos trouxo un montón de animaliños que os rapaces puideron tocar, saber máis sobre eles, o que comen, onde viven… Moitisimas gracias a Miguel por todo o que nos explicou.

A profe Bárbara.

 



domingo, 5 de mayo de 2024

DÍA DA NAI

Moi feliz día para todas as nais!! Agardamos que vos gustara o detalle que fixeron os rapaces e rapazas de 5 anos 😊

A profe Bárbara.





viernes, 26 de abril de 2024

DESPEDÍMONOS DE RAÚL

Ola familias,

hoxe na clase de 5 anos estivemos un pouco tristes porque foi o último día de Raúl na nosa clase, volta para Alemaña e aquí ímolo botar moito de menos, él trouxonos algún agasallo e nos fixémoslle tamén algun para que leve de recordo dos seus compañeiros e compañeiras. Que vaia todo moi ben Raúl, foi un pracer terte con nós estes meses!

A profe Bárbara.





jueves, 25 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

Ola familias,

este ano os rapaces de infantil prepararon estes marcapáxinas tan bonitos para por nos seus contos; por outro lado, algúns prepararon uns marcapáxinas solidarios a favor de Save the children. Fixérono todos e todas moi ben.

A profe Bárbara.



A MALETA VIAXEIRA DE MÈRIDA

Ola familias,

Mérida levou para casa na maleta viaxeira o libro de Cars, e fixo un debuxo moi bonito sobre un dos personaxes do libro.

A profe Bárbara.



miércoles, 17 de abril de 2024

SIMETRÍAS

Ola familias,

na clase de lóxico - matemática estivemos traballando o concepto de simetría, e que mellor forma de traballala, que estampando pintura e comprobando que ao poñer o papel enriba quedaban ambos lados iguais. Encantoulles a tarefa, quedaban todos sorprendidos cando separaban o papel. Noraboa rapaces e rapazas!! Fixéchedelo xenial!

A profe Bárbara.




lunes, 15 de abril de 2024

ANIVERSARIO DE MÉRIDA

Ola familias,

hoxe no cole celebramos o aniversario de Mérida! Moitos parabéns! 🎉

A profe Bárbara.